Sinopse do Espetáculo
Hai unha certa tendencia a maquillar a epiderme da obra literaria de Rosalía.
En ocasións, discretamente, para pasar desapercibida. Noutras, recargada e estridente. O impacto da maquillaxe na pel pode ser perigosa, inflamando os tecidos e provocando alerxias e, quizá, como coa obra de Rosalía, sexa mellor lavala con auga de xabón natural. Prescindir de recendos, rexeitar os aderezos.
“A literatura, na medida en que se volve impotencia de revelar, querería chegar a ser revelación do que a revelación destrúe”, afirma Blanchot. Nese lugar quero traballar; nese espazo de destrución, de caos, de desconcerto. No labirinto que tece o ánimo de Rosalía; nos seus lugares sen saída, na frustración do seu
postigo pechado. Na súa tentativa -no seu desexo- da desembocadura calma.
PREÇOS
Palco | 6,00€
DescontosCartão Amigo ASTA | Sénior >65 anos | Estudantes | Profissionais Artes Espectáculo | Protocolos